As festas picheleiras por antonomasia, as da Ascensión, están a ser este ano as festas da polémica. Primeiro foi un cartel de concertos que circulou polas redes sociais e xerou unhas espectativas que non se cumpriron, pois non era o cartel oficial; logo chegou o concerto da Panorama e a súa retransmisión a través da TVG acompañada por un informe negativo da Comisión de Patrimonio e desperfectos no empedrado da praza do Obradoiro despois da actuación. A última controversia: trasladar as atraccións da Alameda a outro lugar “do centro” de Santiago para vindeiras celebracións.