CULTURA

Boiro celebra o Día da Danza cun espectáculo protagonizado por cincuenta bailarinas de ballet

Terá lugar o domingo, día 28 de abril, a partir das 12.30 horas na Praza de Galicia

A concelleira de Cultura, María Outeiral, presentando o Día da Danza

A concelleira de Cultura, María Outeiral, presentando o Día da Danza / Concello de Boiro

Suso Souto

O Concello de Boiro celebrará este domingo 28 o Día da Danza cun espectáculo da Escola de Ballet Cen Pliés que terá lugar na Praza de Galicia a partir das 12.30 horas.

Participarán unhas cincuenta nenas que interpretarán seis bailes.

“As asociacións culturais de Boiro son as que promoven este tipo de actividades para mostrar o traballo que fan durante o ano”, explicou a concelleira de Cultura, María Outeiral, quen anunciou que esta colaboración coa Escola de Ballet Cen Pliés se leva realizando xa tres anos para conmemorar o Día Mundial da Danza.

Boiro conta cun importante elenco de artistas que practican a danza, tanto tradicional, como contemporánea, e tamén o ballet. O Concello de Boiro celebra cada ano en setembro o Mes da Danza, cunha ampla programación dedicada a esta disciplina artística, con espectáculos de distintas modalidades. Alumnas de dita escola ofreceron varios espectáculos na terraza da casa consistorial.