DISTINCIÓN

‘Escoba de oro’ para Carballo polo servizo de limpeza viaria inclusivo

É o único municipio, de entre 20.001 e 50.000 habitantes, en recibir a distinción este ano

Os labores corren a cargo de persoas con discapacidade psíquica

Persoal do servizo de limpeza viaria de Carballo

Persoal do servizo de limpeza viaria de Carballo / Concello de Carballo

J. M. Ramos

Carballo é o único concello español, dos que teñen entre 20.001 e 50.000 habitantes, distinguido este ano coa Escoba de oro que outorga a Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente (Ategrus).

Un recoñecemento que lle foi concedido polo novo contrato do servizo de limpeza viaria, cun aumento do 36% respecto do anterior, e que corre a cargo de persoas con discapacidade psíquica do centro especial de emprego de Aspaber. Unha iniciativa que, destacan, “permitiu ter unhas rúas máis limpas e unha poboación máis concienciada”, destacando como as accións con apoio social “son moito máis efectivas”.

Carballo xa acadara a Escoba de plata no ano 2022. Ategrus concede cada dous anos este premios aos organismos que “máis destacan polas súas iniciativas ambientais, premiando os esforzos para estimular os avances tecnolóxicos e de concienciación que serven para ir mellorando a calidade de vida e a sustentabilidade”.

Ao acto de entrega dos premios, previsto para o 19 de xuño en Madrid no marco do Foro de Medio Ambiente y Sostenibilidad, asistirá o concelleiro Miguel Vales.  

TEMAS