María Fariña encabezará a lista do PP de Brión para as eleccións municipais de maio

María Fariña, candidata do PP

María Fariña, candidata do PP / REDACCIÓN

REDACCIÓN

A dirección do PP na provincia da Coruña, encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, avalou onte xoves a María Fariña como candidata dos populares no Concello de Brión nas eleccións municipais do próximo mes maio. Nada en Brión (1983), casada, cun neno de cinco anos e, na actualidade, traballando como administrativa en Portos de Galicia, Fariña afronta por segunda vez o reto de liderar a formación popular nunha cita coas urnas nas que aspira a que o seu partido sexa a lista máis votada no municipio. “Imos percorrer todos e cada un dos recunchos de Brión, imos falar coa xente como o fixemos os últimos anos”, indicou Fariña.