Outes acollerá un relatorio sobre demografía e futuro da sociedade galega

Casa da Cultura da Serra de Outes / David Suárez Martinez
Redacción
A casa da cultura da Serra de Outes acollerá o xoves, día 23, un relatorio enmarcado nas XVII Xornadas de Información Sociosanitaria e as II Xornadas do Programa Universitario de Maiores do V Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela.
Baixo o título Demografía e futuro da sociedade galega, participarán como relatores Antía Pérez-Caramés, profesora de Socioloxía da UDC e Isidro Dubert García, profesor de Historia da USC. A iniciativa está coordinada por Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria en Outes.
Por motivos de control de asistencia pregan que se reserve praza chamando ao 981 850 575. Os asistentes recibirán unha certificación da USC. As xornadas, que terán continuidade ata maio, contan coa colaboración do Concello de Outes, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, Adibismur, A. C. Terra de Outes e a USC.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- Contra el abandono del monte, cachenas: «Gestionan la vegetación para evitar que el incendio sea tan virulento»
- El Río Breogán vence al Monbus Obradoiro y se enfrentará al Leyma Coruña en la final de la Copa Galicia
- Fallece una mujer tras ser evacuada por una indisposición en el Monte Pindo, en Carnota
- Así es el asombroso pazo a 20 minutos de Santiago en el que se rodó 'Las hijas de la criada', la serie que ya arrasa con su estreno en Antena 3