Comezan as queimas dos últimos cartuchos e os velorios do Entroido

Os mouchos saen de día gañaron o concurso en Boiro, onde esta fin se semana queimarán o Felipiño, a Cunca e o Óso // Na vila oleira de Buño enterrarán o sábado á Mikaela

Numeroso público seguiu na Pobra o desfile do Entroido celebrado o martes.

Numeroso público seguiu na Pobra o desfile do Entroido celebrado o martes. / Concello da Pobra

Tras os desfiles e concursos de disfraces destes días, a gran festa do Entroido vai tocando ó seu fin, pero aínda queda tempo para a troula cos tradicionais enterros.

Na Pobra os gañadores na categoría parellas/individuais foron Vixiantes de Jurassic Park (200 €); e en grupos, Circus siderum (400 €). Tamén houbo recompensa para as carrozas: Fantasía do Carnaval alzouse co primeiro posto (700 €). Os gañadores da festa infantil do 19 de febreiro foron Fantasía do Circo (200 euros).

Circus siderum gañou na categoría de grupos na Pobra. C. da pobra

Circus siderum gañou na categoría de grupos na Pobra. C. da pobra / s. souto-j. m. ramos

En Boiro, na categoría individual o primeiro premio (300 €) foi para Historia das dúas Marías; na de grupos (600 €) para Os mouchos saen de día. Neste concello un tren con animación musical fará un percorrido polos distintos enterros tradicionais que terán lugar a fin de semana.

O sábado 25 será en Lampón o velorio do Felipiño cunha procesión que sairá ás 16.30 horas do centro social. O domingo terán lugar os enterros en Cabo de Cruz, Praia Xardín, Abanqueiro e Escarabote. En Cabo de Cruz sairá ás 11.30 horas unha matraquillada que percorrerá a parroquia, ás 12.30 horas sairá o desfile dende a Praza do Lorcho ata o Pataqueiro e volverá pola estrada principal ata o porto. Pola tarde, ás 17.30 horas en Palén (Capela do Carme) realizarase o espectáculo teatralizado A inflación e ás 19.00 horas incineración do Farruco.

O sorteo que nos une gañou o concurso en Zas. concello

O sorteo que nos une gañou o concurso en Zas. concello / s. souto-j. m. ramos

En Praia Xardín será o enterro da cunca ás 12.00 horas. En Escarabote a programación do enterro comeza ás 12.30 cunha foliada e degustación de callos, empanada e doces típicos e pola tarde, ás 17.30 horas, ruta de despedida do Felipiño co tren dos enterros con saída da Agramuíña, estrada principal, Pontellón e regreso ao Porto, onde terá lugar o responso e queima ás 19.00 horas.

En Abanqueiro celébrase o enterro do Óso con saída da comitiva ás 16.45 horas ata a casa dos veciños da parroquia Adam e Fany, onde terá lugar o enterro.

Na Costa da Morte, o Entroido enfía tamén o seu fin, logo que de as rúas e espazos públicos se enchesen estes días de inxenio, creatividade e moita retranca. Unha das citas máis esperadas é a do enterro da Mikaela, que terá lugar en Buño (Malpica de Bergantiños) o vindeiro sábado, día 25, a partir das 13.00 horas.

Concurso de comparsas celebrado en Fisterra.  concello

Concurso de comparsas celebrado en Fisterra. concello / s. souto-j. m. ramos

A festa comezará cunha sesión vermú amenizada por La Cuarentena e o Bus Disco Móbil ao que se subirán cinco Djs. Ás 16.00 horas partirá a comitiva fúnebre dende o restaurante Canta la Rana rumbo a Xaviña. No cruce de Xornes, ás 18.00 horas, celebrarase a misa cantada por Lito da Panorama, Dj Roy e Diego Moreira. Os asistentes pasarán despois pola igrexa de Buño, O Empalme e xuntaranse no campo da festa para a queima da Mikaela.

A festa rematará cunha verbena amenizada por La Cuarentena, Dj Roy, Disco Móvil Full, Dj Rokiño e Dj Enter. Haberá servizo de transporte para os que desexen asistir.

Os Nativos americanos gañaron en Camariñas. Concello

Os Nativos americanos gañaron en Camariñas. Concello / s. souto-j. m. ramos

En Cee tamén pecharán o Entroido o sábado, día 25, co concurso de carrozas, comparsas e disfraces que repartirá 5.600 euros en premios. O desfile comezará ás 16.30 horas da casa da cultura e percorrerá varias rúas da vila da Xunqueira antes de rematar na Praza da Constitución.

Pola súa banda, Fisterra pechou o martes o Entroido cun colorido e tranqueiro concurso de comparsas. Os gañadores foron Os da Charca, e Os Trotamúsicos levaron o segundo premio e Os Enjominado de Se o terceiro. Tamén se nomearon as Raíñas e ao Rei do 2023.

Participantes no desfile de Boiro. C. de boiro

Participantes no desfile de Boiro. C. de boiro / s. souto-j. m. ramos

En Zas premiaron ás comparsas As Tertulias. O sorteo que nos une, A Baña espacial e Ten Coidado, e en Camariñas, tamén desfrutaron dun animado concurso no pavillón Víctor Vigo. Entre as comparsas o primeiro premio foi para Navitos americanos, O reloxo da vida fíxose co segundo galardón e Os Enjominados de Sé co terceiro.