Ponteceso negocia con Portos máis aparcamentos para Corme

Lois García e Susana Lenguas durante a xuntanza en Santiago. C. P.

Lois García e Susana Lenguas durante a xuntanza en Santiago. C. P. / J. m. R.

O alcalde de Ponteceso, Lois García, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, estudaron a proposta de convenio que o Concello plantexou ao ente portuario para acometer melloras en Corme.

Segundo explicou o rexedor, as actuacións previstas centraranse na mellora das infraestruturas de saneamento e abastecemento de auga que serán financiadas con cargo a fondos aportados pola Deputación da Coruña.

Aproveitando as referidas actuacións, o goberno local quere “darlle unha solución de mantemento ás zonas que non teñen uso portuario co fin de conseguir máis prazas de aparcamento para residentes e visitantes, sen entorpecer a actividade pesqueira”, indicou o alcalde.

Asemade, Lois García aproveitou o encontro para convidar á presidenta de Portos a visitar Corme e reunirse co sector profesional e representantes da confraría e da agrupación de mariscadores “para coñecer as súas demandas de melloras e investimentos na zona portuaria”.