Marisol Boga encabeza a lista do PP en Dodro

Redacción

A dirección do PP da provincia da Coruña, encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, avalou a Marisol Boga como candidata no concello de Dodro nas eleccións municipais do mes de maio. Nada en Dodro (1965), a nova cabeza de lista dos populares coñece á perfección a actividade política local, xa que leva dezaseis anos como concelleira, os catro primeiros na oposición, oito como tenente de alcalde e responsable da área de Servizos Sociais e os catro últimos tamén na oposición. Boga decidiu dar o paso despois de que o partido lle mostrase total confianza para liderar un proxecto que ten como obxectivo recuperar a alcaldía perdida no ano 2019.