Presentan máis de 400 alegacións contra a central hidráulica do Tambre

ECG

O Concello de Brión e a Comisión de Seguimento contra a concesión da central hidráulica reversible do Tambre teñen constancia da presentación de máis de catrocentas alegacións contra o proxecto que tramita nestes momentos Augas de Galicia, toda vez que o prazo de presentación pechouse o luns 6 de marzo. Así, so no Rexistro Xeral do Concello rexistráronse un total de 220 alegacións, “polo que temos que agradecer non so a implicación dos veciños e veciñas de Brión, senón tamén o traballo da funcionaria do Rexistro, que mesmo estivo un par de tardes rexistrando para dar cabida a todas e cada unha das alegacións presentadas”, explica o alcalde brionés, Pablo Lago Sanmartín. “A maiores, desde a Comisión de Seguimento, que fixo e continúa facendo un gran labor de representación e defensa dos intereses dos veciños e veciñas, tense constancia da presentación doutro centenar máis de alegacións”, apunta Lago Sanmartín, “ás que hai que engadir as 105 alegacións rexistradas en Negreira por veciños e veciñas.