Vedra lidera un proxecto europeo que persegue protexer, valorar e promocionar as paisaxes rurais

O Pazo de Vista Alegre acolleu a presentación do winEu.rur, no que participan tamén Croacia, Eslovaquia, Portugal, Italia e Bulgaria

Público y o alcalde, Carlos Martínez, primeoro pola dereita, na presentación do proxecto /concello de vedra

Público y o alcalde, Carlos Martínez, primeoro pola dereita, na presentación do proxecto /concello de vedra / s. E.

O Pazo de Vista Alegre de Ponte Ulla, no concello coruñés de Vedra, acolleu este xoves a presentación do proxecto europeo winEU.rur (Valores sociais comúns e tradicións etnográficas, culturais e históricas con relación á labranza e á viticultura no rural europeo CERV-2022-CITIZENS-TOWN). Trátase dun proxecto que está liderado polo Concello de Vedra, que representa a España e traballa con socios de outros cinco países: Italia, Bulgaria, Eslovenia, Croacia e Portugal.

O obxectivo do mencionado proxecto, segundo explican os seus promotores, é crear unha rede de pequenas comunidades rurais para a protección, a promoción e a valorización das paisaxes rurais europeas que impulse novas experiencias de turismo sostible e accións de transición dixital e ecolóxica.

Ademais, os seus creadores perseguen que o proxecto defina estratexias de gobernanza participativa baseadas nos valores sociais, culturais e históricos que ofrecen as paisaxes agrarias tradicionais, como activos para unhas zonas rurais europeas máis verdes, máis dixitais e máis resilientes, segundo argumentan.

En winEU.rur participan un total de dezaseis municipios rurais pertencentes a seis países diferentes da Unión Europea, caracterizados por paisaxes agrícolas tradicionais onde os viñedos son símbolo de tradicións etnográficas e valores histórico-culturais ligados a eses territorios, segundo a información facilitada polo Concello de Vedra.

O encontro da inicitiava comunitaria comezou cunha primeira parte de apertura oficial, que contou coa inauguración a cargo de Carlos Martínez Carrillo (alcalde do Concello de Vedra), a presentación do proxecto winEU.rur a cargo de Vanessa Crespo Souto (axente de desenvolvemento local do Concello de Vedra) e a presentación das organizacións invitadas de Croacia, Eslovenia, Portugal, Italia e Bulgaria.

Despois dunha pausa para o café, a partir das 12.00 horas, tivo lugar a intervención de Enrique Luis de Salvador Sánchez, que é o director do Instituto de Estudos do Territorio da Administración autonómica.

CONFERENCIA.

De seguido, ás 12.30 horas tivo lugar a conferencia titulada A tradición da cultura do viño en Galicia, a cargo do xornalista de EL CORREO GALLEGO Víctor Furelos e a breve presentación da Festa do Viño por parte da súa comisión organizadora.

Indicar que, tras a charla, celebrouse a quenda de preguntas, e xa partir das 14.00 horas houbo unha sesión de networking cun cóctel no Pazo de Vista Alegre do que poideron desfrutar todos os invitados ao acto.