A Aula da Natureza amiense porá en marcha un curso de interpretación do patrimonio

Pazo da Peregrina en Ames / Concello de Ames
Redacción
A Aula da Natureza do Concello de Ames organiza para os días 24, 25 e 26 de marzo un curso de interpretación do patrimonio natural. O taller está dirixido a guías de natureza, guías turísticos, monitores de tempo libre e, en xeral, persoas interesadas en comunicar valores ambientais.
O curso terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. As persoas que queiran anotarse deben enviar a ficha de inscrición que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. O curso terá unha duración de 16 horas, repartidas da seguinte maneira: o venres 24 desenvolverase de 16.00 a 20.00 horas, o sábado 25 de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, e o domingo 26 de 10.00 a 14.00 horas.
A encargada de impartir a formación será Isabel Fernández Domínguez, da Asociación para la Interpretación del Patrimonio.
Cómpre indicar, por último, que as persoas interesadas en participar no curso deben inscribirse previamente, enviando a ficha de inscrición que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa