ReEncaixando noveis deseñadores na Mostra do Encaixe de Camariñas

Gañadores do Concurso de Noveis Deseñadores 2022 da Mostra do Encaixe

Gañadores do Concurso de Noveis Deseñadores 2022 da Mostra do Encaixe / Concello de Camariñas

A pasarela da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña estrea este ano un novo desfile, o ReEncaixando, onde volverá a recibir a 15 rapaces e rapazas que formaron parte do concurso de Noveis Deseñadores da anterior edición. 

O ReEncaixando terá lugar o día de clausura da Mostra, o domingo 9 de abril, ás 12.45 horas e participarán coas súas coleccións do XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores: Alicia Rocamora Rodríguez, Álvaro Castillo Amondaray, Andrea Piñeiro Charlín, Beatriz Chan Costa, Cantia Aparicio Ruiz, Enrique Llera Isiegas, Enrique Sánchez Sánchez, Joaquin Ruiz Torres, Josu Santos Blanco, Llucía Miravalles Sánchez, Pablo González Moreno, Sara Sanz Ansodi, Sofía Sánchez Rey, Uxía Rodríguez Maneiro e Vanessa Parente González.