A marca Lirio de Ribeira xa botou a andar no mercado ca súa etiqueta
Despois de que a Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Eugenia de Ribeira obtivese o recoñecemento como Organización de Produtores Pesqueiros de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o lirio que comercializa dita entidade conta xa cun etiquetado que especifica e indica a calidade dese produto en lonxa a través da marca Lirio de Ribeira.
Así, a cooperativa está contribuír á trazabilidade dos produtos de pesca e o acceso a información clara e completa para os consumidores.
O lirio é a principal especie pescada pola flota asociada á cooperativa, representando preto do 45 % do volume da súa produción total. Sen embargo, só significa un 35 % do valor das vendas. Por iso, coa marca Lirio de Ribeira pretende diferenciar no mercado o lirio capturado ao día mediante artes de arrastre tradicional e selectivo. A marca distingue os produtos que cumpran cos requisitos das especificacións técnicas e do regulamento de usos, garantindo ao consumidor un grao máximo de frescura e calidade. “O obxectivo con este etiquetado é poñer en valor o Lirio de Ribeira, a forma de pescar dos produtores da cooperativa e dalo a coñecer entre os consumidores, promocionando a súa versatilidade”, indican dende a citada organización.
Temas
Más en Área
-
Iago Toba denuncia que BNG, PP e Independientes negocian una moción de censura en Muxía
-
El festival Bacanito, que se celebrará en Boiro los días 12 y 13 de julio, confirma ya un cartel de 19 DJ’s
-
O melidense Vicente Vázquez Vidal gaña o premio Francisco Añón de poesía na categoría de maiores de 18 anos
-
Fallece una mujer tras chocar su coche con un camión en Frades y creen que ambos vehículos invadieron el carril contrario