Catorce alumnos da Laracha viaxan a Venecia para formarse en materia de empregabilidade

José Manuel López Varela / c.l.

José Manuel López Varela / c.l. / suso souto

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, asinou un acordo de cooperación co Centro de Formación Profesional IIS Vendramin Corner de Venecia coa finalidade de deseñar, crear e implementar un novo programa de intercambio xuvenil de similares características ao realizado no pasado verán nesa localidade italiana. En virtude deste acordo, 14 mozos e mozas laracheses terán en xullo a posibilidade de desfrutar dunha estancia dunha semana en Venecia para desenvolver competencias, habilidades e destrezas vinculadas á empregabilidade, a solidariedade e a cidadanía activa por medio de metodoloxías de aprendizaxe non formal nas áreas de cultura, idiomas, deporte, saúde, políticas de xuventude, medio ambiente, igualdade, arte, emprendemento e turismo activo. A segunda parte do programa será a viaxe á Laracha de 14 mozos e mozas de Venecia.