Instalan oito semáforos nas rúas Lorenzo Mariño, Cerca, Listres e Sálvora, en Aguiño

Un semáforo en ámbar

Un semáforo en ámbar / ECG

redacción

A empresa Montaxes Eléctricas Noroeste iniciou a instalación de semáforos nas rúas Sálvora e Lorenzo Mariño (DP-7305), Cerca (DP-7306) e Listres (DP-7307) na parroquia ribeirense de Aguiño.

O investimento é de 45.254 euros. Trátase de oito semáforos de columna, catro dos cales disporán de tres ópticas para vehículos e dúas para peóns, mentres que os outros catros disporán de dúas ópticas para peóns. A execución deste proxecto leva aparellado o subministro e instalación tamén dun regulador electrónico, avisador acústico, pulsador táctil e interruptor diferencial e luminarias de tecnoloxía LED nas beirarrúas.