Degustacións, música e torneos na vinte e cinco Festa da Troita de Oroso

A celebración comezará o venres, día 12, co Festival Oroso en Viv

Momento dunha edición anterior da Festa da Troita / concello de oroso

Momento dunha edición anterior da Festa da Troita / concello de oroso / REDACCIÓN

Redacción

A vinte e cinco edición da Festa da Troita, de Sigüeiro (Oroso), celebrarase os días 12, 13 e 14 de maio e, ademais de exaltar o prezado peixe, os asistentes tamén poderán gozar da música, da cultura e de campionatos de pesca, entre outras propostas.

A celebración comezará o venres, día 12, co Festival Oroso en Vivo, amenizado polas orquestras París de Noia e New York. O sábado, día 14, celebrarase o campionato de pesca de adultos e haberá degustación de troitas na alameda de Góis. Da animación encargaranse Dasolu, Dumore, DJ Sonic, Toni Seijas, Pablo Méndez Performance e a orquestra Olympus. O día grande será o domingo 14. Haberá campionato de pesca infantil, degustación de troitas en bares colaboradores e na alameda de Góis. O pregón correrá a cargo do actor e humorista Carlos Blanco.

Despois farase entrega de premios e trofeos. A sesión vermú estará amenizada pola orquestra Ibiza. A celebración gastronómica rematará cunha verbena na que actuarán Luar na Lubre e a orquestra Os Satélites.