Os maiores de Rois se suman ao Día do Libro interpretando contacontos a cativos de Ames

Maiores do centro de día intepretando contacontos / concello de rois

Maiores do centro de día intepretando contacontos / concello de rois / redacción

Redacción

O centro de Día de Rois, centro da rede de centros de maiores da Xunta de Galicia, ten entre os seus obxectivos fomentar as relacións interpersoais mediante o encontro entre persoas de diferentes idades, segundo os seus reponsables.“Trátase de intercambiar experiencias e coñecementos compartindo saberes e vivencias”, dín.

Deste xeito e co gaio da celebración do Día do Libro os maiores do centro visitaron a Escola Infantil Municipal O Bosque no veciño Concello de Ames para interpretarlles contos aos mais cativos, cantaron, bailaron e picotearon xuntos fomentando o vínculo entre ambas xeracións.

“É impresionante ver a conexión natural que xurde entre eles dende o primeiro instante, esa maxia rompe con todos os estereotipos e prexuizos que moitas veces se ten sobre as persoas maiores, encántalles estar e desfrutar cos mais cativos”.

“Para todas as persoas que traballamos con estos colectivos éstos son momentos únicos” refire María Vilas, directora do centro de día do Concello de Rois.