Carballo alerta á veciñanza a causa do ciberataque sufrido polo Concello

Sesión plenaria da Corporación municipal de Carballo

Sesión plenaria da Corporación municipal de Carballo / Concello de Carballo

Redacción

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, despois de que o Concello sufrise un ciberataque, remitiu unha carta aos veciños para pedirlles que estean especialmente atentos ás comunicacións electrónicas ou telefónicas que poidan recibir e que poidan resultar sospeitosas de ser fraudulentas, así como a calquera actividade, fóra das habituais, relacionada cos seus datos persoais ou dos membros da súa familia, nas vindeiras semanas.

Ademais, o rexedor, tras a celebración do pleno celebrado este martes, ofreceulle información detallada á corporación sobre a situación. "Os voceiros políticos están sendo informados dende o primeiro día polo alcalde, pero hoxe trasladóuselles un informe detallado do informático municipal", afirman dende o goberno local.

Para calquera dúbida acerca deste incidente, ou para solicitar información adicional, os interesados poden dirixirse ao delegado de protección de datos do Concello, a través de lopd@carballo.gal.