Aguiño contará cunha escola infantil pública, con 41 prazas, que se sumará á de Cubeliños

Vista do porto de Aguiño

Vista do porto de Aguiño / ECG

Redacción

A Consellería de Política Social e Xuventude vén de confirmar ao Concello de Ribeira a aprobación dos fondos para a creación na parroquia de Aguiño dunha Escola Infantil Municipal, a segunda do municipio, que se sumará á que existe no barrio de Cubeliños.

A futura instalación contará cun total de corenta e unha prazas, das cales oito corresponderán a un tramo de idade de entre cero e un ano; trece, de un a dous anos; e dez, de dous a tres anos. O investimento previsto polo Concello para poñer en marcha este novo servizo ascende a máis de 240.000 euros.

A administración municipal está traballando xa en atopar ubicación para o novo servizo, barallándose dúas posibles ubicacións.