Amicos forma en atención ó cliente a quince persoas con discapacidade

José R. Romero, esquerda, e Cameán / amicos

José R. Romero, esquerda, e Cameán / amicos / suso souto

A asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos iniciou este martes un curso de atención á clientela, pertencente ao seu programa Máis Emprego, que desenvolve co apoio de Fundación La Caixa e o Fondo Social Europeo. As clases serán impartidas no centro social e van dirixidas a persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social. O curso, no que participan 15 alumnos e alumnas, terá unha duración de 40 horas na modalidade presencial, e os participantes terán a posibilidade de aprender e desenvolver tarefas enfocadas ao sector do comercio, sendo Boiro un dos puntos da comarca do Barbanza referentes nese eido. A empresa Ara Formación é a encargada de impartir a ensinanza, a cal permitirá achegar aos participantes ao mercado laboral. Francisco Rial, xerente de dita firma, animou ao alumnado “a aproveitar este tipo de capacitación e sacarlle o maior proveito. Formarse é sempre medrar, tanto a título académico como persoal”. Keltoi Cameán, coordinador da área de Alianzas e Emprego de Amicos, dixo que esta entidade “aposta pola empregabilidade das persoas con discapacidade e/ou en exclusión social”. Na apertura do curso participou o alcalde boirense, José Ramón Romero.