Música a fartar con Canta por Ames, AmesOn e actuacións en parroquias
Haberá unha fase de preselección no Milladoiro e en Bertamiráns os días 21 e 29 de xullo
O salón de plenos da casa do concello amesán acolleu a presentación dunha nova edición dos programas AmesOn e Canta con Ames. O AmesOn de verán 2023 inclúe nove actuacións musicais para todos os públicos, que se van celebrar entre xuño e setembro. Para o concurso Canta con Ames xa están abertas as inscricións nas categorías infantil, xuvenil, sénior e súper sénior, que se poden realizarse a través do correo amesnarua@gmail.com ata o 9 de xullo. Haberá unha fase de preselección no Milladoiro e en Bertamiráns os días 21 e 29 de xullo. A semifinal será no meirande urbe o 4 de agosto e a final celebrase na capital local o 18 de agosto e, respecto dos premios, consistirán en trofeos e vales de entre 100 e 30 € para mercar no municipios en comercios adheridos á Xuntanze de Empresrios de Ames, XEA. Xa por último, a edil Natividades González presentou o programa Música nas Parroquias, con 37 actuacións (trinta son grupos locais e sete profesionais) durante 6 meses, incluíndo conxuntos como o De Vacas o Monoulious Dop.
Temas
Más en Área
-
A Laracha demanda a mellora de tres estradas da Deputación
-
Remolcado un pesquero de Muros con siete tripulantes a la deriva a seis millas de Fisterra
-
Aparece flotando el cadáver de un hombre en una playa de Carballo
-
A Pobra se opone con informe desfavorable a la ampliación de la conservera Escurís en Baiuca