Fernández Davila gaña o certame poético Rosalía de Castro coa obra ‘Konpostela’

Fachada del Concello de Padrón

Fachada del Concello de Padrón / Esteban De la Iglesia

Francisco Javier Fernández Davila, escritor e enxeñeiro natural de Canido (Oia), é o gañador da novena edición do certame poético Rosalía de Castro, promovido polo Concello de Padrón, coa súa obra Konpostela. O xurado definiu o poemario como un “texto de fondo carácter unitario e ben estruturado na súa disposición, que ofrece unha visión de Compostela na que o autor sabe incluír un eu esgazado”. A obra, presentada co lema Apócrifa, foi seleccionada por maioría entre as 18 que se presentaron. Dende que comenzou a esribir, no 2016, Fernández Davila ten acadado varios premios literarios tanto no eido da narrativa, como no da poesía, relato curto ou microrrelato.