Síguenos en redes sociales:

Vimianzo lembra a Elisa, a mestra que casou con Marcela no ano 1901

Entre esa programación atópase tamén unha mesa redonda programada para o 14 de xuño ás 10.30 horas

Vimianzo lembra a Elisa, a mestra que casou con Marcela no ano 1901Concello de Vimianzo

O Concello de Vimianzo inauguraou este martes unha placa conmemorativa na antiga escola de Calo, onde impartiu clases Elisa Sánchez Loriga, muller de Marcela Gracia Ibeas, quenes conformaron o primeiro matrimonio homosexual da historia de España ao redor do ano 1901.

O acto estivo presidido pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, e participaron tamén a concelleira de Benestar Social, María José Pose, e a de Cultura, Rosa Blanco. Este evento enmárcase na liña de actividades municipais a favor da igualdade e a inclusión.

Entre esa programación atópase tamén unha mesa redonda programada para o 14 de xuño ás 10.30 horas baixo o título Elisa e Marcela, o cumio do iceberg, na que se analizará o papel tan importante de ambas as mulleres na historia de España, formando parte das bases reivindicativas e de loita do colectivo LGTBIQ+.

Na cita participarán a directora da obra de teatro Elisa e Marcela, historia que parece conto, da compañía A Panadaría, Gena Baamonde; a escritora e xornalista, Eva Mejuto; e a investigadora e activista, Daniela Ferrández. Posteriormente, ás 12.00 horas, representarán a peza teatral no auditorio municipal. Ambas as actividades celébranse con motivo do Día Mundial do Orgullo LGTBIQ+.

Pulsa para ver más contenido para ti