Asegura que atopou o Concello nunha situación económica complicada, pero cre que, tras a xestión destes meses, as cousas están encarriladas para poder acometer as necesidades máis acuciantes do municipio.

Controlar o gasto, licitar os servizos pendentes e atender o rural e as necesidades das familias son os grandes retos que afronta Álex Doval (PP).