A Laracha solicita un novo programa para formar vinte mozos e mellorar infraestruturas públicas
O Concello da Laracha presentará ante a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade un novo proxecto de programa de emprego para vinte persoas mozas incluídas no ficheiro do sistema de Garantía Xuvenil. A iniciativa ten un dobre obxectivo: mellorar a súa formación profesional e realizar actuacións de interese xeral en infraestruturas, equipamentos e espazos públicos.
Baixo a denominación A Laracha coa xuventude II, o programa, orzamentado en 558.000 €, contempla dúas especialidades. Unha será á de limpeza en espazos públicos e instalacións, con intervencións en diferentes localizacións con lavado a presión e fregado de vías públicas e a limpeza de instalacións municipais, mobiliario urbano e sumidoiros, entre outros labores.
A outra é a de pintura, á que se encomendarían traballos de impermeabilización, pintado e imprimación nos centros socioculturais da Insua (Caión), Cumiáns (Montemaior) e Lamas (Golmar), o IES Agra de Leborís, en elementos de iluminación e no depósito da Pedreira.
Temas
Más en Área
-
Localizan en el río de Santa Lucía el cuerpo sin vida de un vecino de Teo desaparecido este viernes
-
Incautan 114 kilos de longueirón y navaja en O Freixo y Porto do Son
-
Incautan 114 kilos de navaja y longueirón en O Freixo y Porto do Son
-
Reconocen como fijos a los bomberos del Consorcio coruñés: el 72% de ellos vela por la comarca