Vimianzo revive as revoltas dos Irmandiños coa festa do Asalto ao Castelo

A alcaldesa, 2ª esda, presidiu a presentación

A alcaldesa, 2ª esda, presidiu a presentación / J. M. RAMOS

A vinte e seis edición do Asalto ao Castelo de Vimianzo, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, xa está en marcha e, un ano máis, historia, gastronomía, espectáculos, deporte e música serán os protagonistas dunha celebración impulsada para rememorar e recrear as revoltas dos Irmandiños do século XV. Unha cita que manteñen viva as asociacións Cherinkas e Axvalso, co apoio do Concello vimiancés. Os actos comezará o sábado, día 24 de xuño, coa disputa da VI Legua Irmandiña e continuarán o día 25 coa Ruta da Lenda da Cruz do Loureiro.

Do 26 de xuño ao 2 de xullo Vimianzo viaxará no tempo a través da Semana Medieval, que inclúe Pinchos Irmandiños, un campamento, una Mostra de Artesanía e animacións musicais e teatrais nas rúas. Entre as grandes citas destacan a Cea Medieval o día 30 de xuño (xa están esgotadas as entradas), que será animada polo bufón Daniel Blanco, os malabares de Américo e a música de Cé Orquestra Pantasma, De Vacas e Monoulious Dop; e a recreación do Asalto ao Castelo, na noite do 1 de xullo, que rematará cunha gran velada musical protagonizada por Tanxugueiras –entradas á venda en woutick.es– e os grupos Huntza, Lamatumbá e Festicultores Troupe.