Médicos de Rois reclaman máis medios humanos e tecnolóxicos

Abordáronse temas como a necesidade de máis profesionais, mellora das infraestruturas e dotación tecnolóxica

O rexedor de Rois, primeiro dereita, e Núñez, terceira, co persoal

O rexedor de Rois, primeiro dereita, e Núñez, terceira, co persoal / Xunta

Dentro do Plan de Atención Individualizada que ten en marcha a xerencia da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, a súa responsable Eloína Núñez vén de se reunir cos profesionais dos centro de saúde de Urdilde e Rois e cos representantes do Concello. Nesa xuntanza abordáronse temas como a necesidade de máis recursos humanos, a mellora da infraestrutura e a dotación de tecnoloxía para axilizar procesos administrativos e asistenciais.

O obxectivo da visita foi coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas, polo que Núñez, o director de primaria, Felipe Calle, e a subdirector económicos, José Manuel Fernández, se xuntaron co persoal médico, de enfermaría e administrativo para escoitar as súas inquedanzas e propostas de mellora. Á reunión tamén asistiron o alcalde e representantes da Corporación. Para Eloína Núñez “é fundamental estar en contacto directo cos profesionais e que sexan eles quen nos trasladen as necesidades dos centros de atención primaria”, aportando unha visión máis completa da realidade.