A sexta edición de A Pobra no Tempo achega o patrimonio e a historial local

Patrcia Lojo y José C. Vidal

Patrcia Lojo y José C. Vidal / Concello

Redacción

A sexta edición das xornadas de divulgación histórica e patrimonial A Pobra do Caramiñal no Tempo achegará os días 7 e 8 de outubro coñecementos relacionados coa arqueoloxía, a musicoloxía, a lingua e a antropoloxía. O sábado 7, o teatro-cine Elma acollerá catro coloquios. Abrirá o ciclo a arqueóloga Patricia Mañana-Borrazás coa conferencia O megalitismo na península do Barbanza e a ría da Arousa. Deseguido, o historiador e musicólogo Antonio Cancela Montes disertará sobre A importancia da Pobra do Caramiñal na vida e obra do músico Ricardo Fernández Carreira; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco, falará de Unidade, variación, mudanza: a lingua no sur do Barbanza; e o antropólogo Rafael Quintía abordará O mundo simbólico do mar na ría da Arousa. A parte práctica da programación terá lugar o domingo 8, a partir das 11.00 horas, cun percorrido pola parroquia do Xobre, coincidindo coa celebración do 300 aniversario da construción da súa igrexa, Exercerá de guía o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González Millán.

As prazas son limitadas, polo que se require inscrición previa no enderezo bibliotecadapobradocaraminal@gmail.com ou chamando ao 981 831633 ata o día 5 de outubro.