Máis de 2.600 persoas visitan o faro Vilán de Camariñas ao longo do mes de setembro
A maioría proceden de Galicia e do resto do Estado, os estranxeiros supoñen o 15%
A Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, que preside Olga Campos, contabilizou este pasado mes de setembro un total de 2.623 visitas ao faro Vilán, o que supón un incremento do 33% respecto ao mesmo periodo do ano 2022. O 85% dos turistas chega ata Vilán procedentes de diversos puntos de España, maioritariamente das catro provincias galegas (34%). Madrid, Cataluña e Castela e León foron as comunidades das que chegaron máis visitantes nacionais, seguidas de Andalucía, País Vasco, Valencia, Castela a Mancha, Asturias e as Illas Baleares.
Pola súa banda, os visitantes procedentes do extranxeiro representan o 15% do total, destacando os chegados de Francia (17%), seguidos dos turistas de Alemaña, Italia, Reino Unido, Portugal e Suiza. Tamén visitaron o faro viaxeiros de Rusia, Estados Unidos, Canadá, Sudamérica e mesmo de Asia.
O horario de visitas actual é de mércores a domingo de 11.00 a 14.00 e de 15.00 a 19.00 horas. Os luns e martes está pechado o faro.
Temas
Más en Área
-
Incautan 548 poliquetos en Ponteceso: por qué hay que conservar estas lombrices de mar
-
A localidade amesá de Bugallido vai ser o marco dunha charla sobre acollemento familiar o vindeiro 6 de xuño
-
El Día do Orgullo incluirá en Padrón cine, concierto, hinchables y muestra
-
El tirón de la Semana Verde de Silleda: 3.600 reuniones para sesenta y seis turoperadores de veinticuatro países