Boqueixón

A Feira de Lestedo ábrese a novos postos despois de incorporar dez

Feira de Lestedo en Boqueixón

Feira de Lestedo en Boqueixón / Concello

O Concello de Boqueixón continúa a regularizar o comercio ambulante na Feira de Lestedo, debido ás baixas por xubilación e outros motivopolo que se están a admitir novas solicitudes de comerciantes ambulantes. Segundo a administración municipal, “o obxectivo é que o mercado poida funcionar plenamente, de forma que a veciñanza de Boqueixón teña á súa disposición unha oferta maior e máis variada”, lembrando ademais, que, de feito, na última feira do pasado domingo día 1 xa se incorporaron dez novos postos. As persoas interesadas en conseguir unha autorización para instalar un posto na feira de Lestedo poden solicitar información no Concello ou chamando ao 981 513 061. Este mercado tradicional celébrase cada primer e terceiro domingo de mes, e trátase dunha das más antigas da comarca, xa que hai constancia da súa existencia cando menos nos últimos 150 anos. Dos cen postos que sumaba hai décadas foi en descenso, polo que agora, coa regularización, búscase darlle novos pulos.