Setenta persoas interactuaron cos usuarios de Amicos para coñecer as súas instalacións

Usuarios e visitantes interactuaron na xornada de portas abertas / a.

Usuarios e visitantes interactuaron na xornada de portas abertas / a. / redacción

Redacción

Máis de 70 persoas participaron na xornada de portas abertas da asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos para coñecer as instalacións e os servizos do centro en Comoxo (Boiro).

Tamén participaron nun taller para sumerxirse nos servizos da unidade de atención temperá e o Centro de Educación Especial de Oleiros, así como nun obradoiro no que traballar a expresión a través da música e a pintura, e un xogo interactivo de preguntas relacionadas coa entidade.