Atentado contra o Patrimonio

Concello e veciños de Teo condenan o acto de vandalismo no Peto de Ánimas de Cacheiras

O ataque produciuse de noite e aínda no se sabe nin quen foi nin porqué

Restaurada dúas veces, en 1987 e no 2009, estaba en perfecto estado de conservación

Estado no que apareceu o Peto de Ánimas de Cacheiras

Estado no que apareceu o Peto de Ánimas de Cacheiras / CEDIDA

No Concello de Teo están a buscar quen atacou con pintura o Peto de Ánimas de Cacheiras. Foi un atentado contra o Patrimonio que ten os veciños desconcertados e, sobre todo, moi indignados.

O ataque produciuse de noite e aínda no se sabe nin quen foi nin porqué. E dende o ocurrido é o tema de conversación entre uns veciños que se mostran estupefactos pola agresión o monumento.

"Condenamos rotundamente o acto de vandalismo levado a cabo esta noite no Peto de Ánimas de Cacheiras e rexeitamos calquera tipo de acción destrutiva que afecte os bens patrimoniais ou calquera outro mobiliario urbano do municipio. Pedimos á veciñanza que, ante este tipo de condutas incívicas, denuncie á Policía Local" sinalou a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, nas súas redes sociais.

O Concello xa presentou denuncia para tentar esclarecer os feitos e depurar responsabilidades.

Restaurada dúas veces, en 1987 e no 2009, antes do ataque estaba en perfecto estado de conservación e tiña en trámite a solicitude de Ben de Interese Cultural (BIC). Todavía hai que facer unha análise a fondo dos danos, pero semella que esta terceira restauración será máis complicada. Unha vez rematada a actuación vaise valorar a instalación dun cristal de protección para previr actos semellantes.