Rouban as ventás e portas da Cultural da Cruxa en Vedra

No mes de setembro os ladróns levaron o cableado e cobre no velódromo municipal

Xa foron interpostas denuncias diante da Garda Civil

A Cultural da Cruxa sen as portas de acceso, o que impide a actividade

A Cultural da Cruxa sen as portas de acceso, o que impide a actividade / Concello

O Concello de Vedra vén de denunciar a vaga de roubos que están a vivir neste outono. Porque se no pasado mes de setembro foi a instalación de cableado e cobre no velódromo municipal, agora levaron as portas e ventás na Casa Cultural da Cruxa da parroquia de San Xián, o que manifesta que a actividade delictiva medra de xeito preocupante en Vedra.

Ditos actos xa teñen as correspondentes denuncias ante a Garda Civil, así como a solicitude dun aumento da vixilancia ante as ditas autoridades. Do mesmo xeito o Concello pídelle á súa veciñanza que denuncie calquera feito delictivo que coñeza, pois as autoridades precisan saber dos ditos actos para poder actuar en consecuencia, grazas á súa visibilización a través das denuncias.

Nesta última ocasión foi coa axuda da inclemencia meteorolóxica e da nocturnidade, na pasada fin de semana, como roubaron as portas e ventás da Casa da Cultura da Cruxa de San Xián, quedando esta inservible para o seu uso común e habitual e xerando un clima de desconfianza e inseguridade.