Solpor promociona no encontro Fairway de Compostela o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía
Jesús Picallo: "Somos un destino apetecible en calquera época do ano"
Difunde ademais a gastronomía, a calidade, os hoteis e as paisaxes
A Asociación de Empresarios do Camiño Fisterra-Muxia Solpor promociona estes días a prolongación da ruta xacobea á fin da terra no quinto encontro Fairway, que se celebra en Santiago. Alí conta cun expositor propio, ao que se achegaron as alcaldesas de Cee, Margarita Lamela, e Fisterra, Áurea Domínguez, e o seu homólogo de Corcubión, Francisco Javier Domínguez, entre outros.
O presidente de Solpor, Jesús Picallo, asegura que "é importantísimo estar neste tipo de eventos para promocionar o noso camiño, o noso destino e a nosa comarca. Somos un territorio apetecible en calquera época do ano, e vir aquí é facer que grandes touroperadores o vexan é fundamental para o noso turismo”. Subliña ademais que "podemos competir con grandes xeodestinos como a Ribeira Sacra ou as Rias Baixas, só hai que saber vender o noso".
El Camino de Santiago a Fisterra y Muxía supera ya en un 10% el número de peregrinos de 2022
E que é o noso?… "Pois o noso Camiño por suposto, a nosa gastronomía, os nosos hoteis con encanto, a nosa calidade, as nosas paisaxes e porqué non dicilo… ese turismo fóra de tempada alta como é o de temporais, que agora mesmo temos. As feiras de turismo serven para todo isto, por iso é tan importante estar", conclúe Jesús Picallo.
Temas
Más en Área
-
Sofocado un incendio en un vehículo en la AG-55, a la salida de Laracha
-
Heridas dos personas este mediodía al caerse de sus caballos casi en el mismo lapso en Vedra y Mesía
-
O festival Rockin Carballo reúne a sete grupos e artistas de catro países o vindeiro sábado día 22
-
Un incendio afectó al cuadro eléctrico de una sauna en el polideportivo de Touro