Síguenos en redes sociales:

A Rede do IES do Milladoiro traza as liñas de traballo do novo curso

A Rede do IES do Milladoiro traza as liñas de traballo do novo cursoConcello de Ames

Este martes tivo lugar en Ames a primeira reunión do curso 2023-24 da Rede do IES do Milladoiro, unha mesa de traballo coas institucións implicadas na vida do centro orientada a mellorar os resultados a partir do intercambio de experiencias e coordinación de actuacións coa finalidade de que os seus beneficios cheguen a toda a comunidade local. Baixo o lema Tecer rede para tecer comunidade, representantes 30 entidades e axentes (entre elas, entre elas, a Alcaldía, varias concellerías, ANPA’s, centro de saúde ou asociacións como Agareso, Areté, Secretariado Xitano ou a UACO Raogal)participaron no encontro para coordinar actuacións, facilitar canles de comunicación e mellorar a convivencia. Na reunión presentouse o proxecto do novo equipo directivo, deuse conta da situación actual do centro, difundíronse as actividades que desenvolven os diferentes participantes e iniciáronse as liñas de traballo específicas a seguir, divididas en catro comisións centradas na inclusión, benestar, convivencia e seguridade e prevención.

Pulsa para ver más contenido para ti