Chega o día grande da Feira de Francos

Teo celebra este 11 de novembro o seu San Martiño

A trata de gando, catas, degustacións e música encherán a carballeira

A feira cabalar de San Martiño de Teo celégrase no lugar de Francos, na parroquia de Calo

A feira cabalar de San Martiño de Teo celégrase no lugar de Francos, na parroquia de Calo / Charo Lopes

B.C.

A Feira do San Martiño de Francos, cunha rica historia de 500 anos, mantén o seu prestixio como un evento ecuestre de renome e unha destacada expresión da tradición e a cultura popular.

Este festexo ten un impacto significativo en toda a comarca, especialmente para os residentes de Teo, que celebra con entusiasmo esta festividade municipal cada 11 de novembro na histórica Carballeira de Francos, en Calo. Este ano o Concello incrementa as actividades culturais, incluíndo catas, degustacións, talleres e xornadas de portas abertas nos centros ecuestres e hípicos do municipio.

Intensa programación

Este sábado, día grande dos festexos do San Martiño, celébrase a tradicional trata de gando cabalar no recinto feiral, coa presenza de polbeiras así como un extenso mercado tradicional e da Artesanía de Galicia con demostracións.

Na carpa do recinto feiral, os visitantes poden explorar a exposición da Artesanía feita en Teo, asistir a charlas e degustacións de produtos locais, coma o mel de Galicia, queixos coa denominación de orixe galega, viños Rías Baixas e de Teo e licores e augardentes tradicionais de Galicia harmonizadas con Tarta de Santiago e outros doces de Artesanía Alimentaria.

Poderase gozar así mesmo de actividades animadas con A Barraca de Barriga Verde, que trae actuación e animacións en porta ao longo do día, ou do espectáculo itinerante de música en vivo: O Cego na feira e da música en directo coa Charanga da SR San Xoán de Calo.

O domingo, chega o Xooo! desta feira, con xogos desde o medio día na carpa. Ás 16:00 sae un roteiro teatral e poético coa participación da AV Carballeira do San Martiño, da AC A Mámoa de Luou e da Aula de Teatro do IES Cacheiras. Ás 15:15 sera a quenda do magosto popular e atranque infantil dos Xenerais da Ulla, propio da Feira do San Martió que será o colofón desta nova edición.

Información patrocinada por

Información patrocinada por / Cedida