Cumio de talento no certame Galetiktokers, con máis de 120 participantes de toda Galicia

Repartíronse 1.800 euros en premios entre os gañadores

Participaron 120 mozos e mozas de toda Galicia

Premiados no certame Galitiktokers en Ames

Premiados no certame Galitiktokers en Ames / Concello de Ames

Redacción

San Froilán, Cociñeiras festeiras, Facendo un estoque dende cero, O retrato de Dorian Gray, Oscar Wilde, O galego non é de vellos e Prepo Rap foron os vídeos gañadores do Galetiktokers 2023, o certame que organiza o Concello de Ames e que en total repartiu 1.800 euros en premios. Os galardoados déronse a coñecer nunha gala presentada e dirixida polos creadores de contido en galego @Pradorua e @Gabiig8 e amenizada por Onda Dagda, grupo musical amesán de rock composto por mozos e mozas que ensaian na Factoría.

Galetiktokers naceu para fomentar a creación de vídeos en galego con novos formatos e, á vez, servir de oportunidade para visibilizar a comunidade galega de tiktokers.

O alcalde Blas García destacou na gala de entrega dos premios que “falar galego, facer audiovisual en galego e escribir en galego é garantía de éxito”. “Empregar e defender a nosa lingua é unha obriga de todos”, engadiu, á vez que agradeceu a participación no certame de máis de 120 mozos e mozas de toda Galicia.

TEMAS