Premian ao Concello de Carballo como a mellor entidade pública galega en xestión deportiva de 2023

O alcalde Evencio Ferrero, esquerda, recollendo o premio.

O alcalde Evencio Ferrero, esquerda, recollendo o premio. / Agaxede

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, recibiu o galardón otorgado ó Concello como mellor entidade pública de 2023 no marco dos XIV Premios Galicia á Xestión Deportiva. A entrega tivo lugar no I Encontro da xestión deportiva de Galicia, que se celebrou no Nordés Club Empresarial da Coruña nunha gala que comezou cun coloquio con deportistas olímpicos sobre o futuro do deporte social e cidadán, no que participaron Fernando Romay, Sofía Toro, Marta Bobo e Isidoro Hornillos. Ferrero recibiu o premio de mans de Roberto Ramos, CEO de Beone. O I Encontro da xestión deportiva de Galicia é unha iniciativa da Asociación Galega de Xestión Deportiva (Agaxede) e o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar como experiencia de networking, e supuxo, xunto coa gala de entrega dos premios, o acto de peche do vinte e cinco aniversario de Agaxede. O mencionado encontro xorde con vocación de continuidade con carácter anual para distinguir a aquelas persoas e entidades que destacan pola procura da calidade e a excelencia na dirección e xestión do deporte en Galicia.