Ribeira activa un programa de emprego dirixido a persoas en risco ou situación de exclusión

Participantes nas entrevistas levadas a cabo no viveiro de empresas.

Participantes nas entrevistas levadas a cabo no viveiro de empresas. / Concello de Ribeira

O Concello de Ribeira puxo en marcha o Programa Integrado de Emprego, co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas demandantes de emprego por medio de accións de orientación, formación e intermediación.

Servizos Sociais realizou máis de 200 entrevistas, e delas, máis de 100 persoas foron convocadas no viveiro de empresas entre os días 12 e 14. Setenta das cen prazas xa están preseleccionadas. As persoas interesadas poderán achegarse a pedir información e adherirse ao programa durante a vindeira semana en horario de 08.00 a 14.00 ou chamando ao 669 150 809.

Este programa está dirixido a persoas con discapacidade, en risco de exclusión, mulleres víctimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación e inmigrantes. Incluirá cursos de inglés, de manipulación de alimentos, de animación turística e de preparación e venda de peixe.