Kiko da Silva organiza unha subasta solidaria en apoio a Art For Dent

Dende a asociación agradecen enormemente esta iniciativa para respaldar a investigación desta enfermidade rara renal

O recoñecido ilustrado Kikoda Silva

O recoñecido ilustrado Kikoda Silva / Cedida

El Correo Gallego

En xullo de 2020, Kiko da Silva, facía público o seu apoio á investigación da enfermidade de Dent poñendo a camiseta solidaria “Rallo” coa que moitas outras personaxes coñecidas amasaron o seu apoio.

Unha campaña que foi posible grazas á colaboración da empresa galega ReiZentolo que fixo e sigue facendo as camisetas e material solidario co que se apoia esta investigación, entre outras iniciativas.

Kiko da Silva, recoñecido autor de banda deseñada en Galicia desde hai moitos anos, e colaborador de EL CORREO GALLEGO, implicou a moitos outros nomes do mundo da Ilustración como Miguel Anxo Prado, Amelia Navarro, Luz Beloso, Ricardo Peregrina, MEL, Julio A. Serrano ou Ángel de la Calle, que se animaron a colaborar nesta subasta solidaria.

Tamén colaboran outros ilustradores como David Despau, recoñecido ilustrador internacional que traballou para prestixiosas revistas como Time, The New Yorker, … e recentemente recoñecido como un dos ilustradores internacionais máis influintes da última década.

Ademáis, tamén contan coa aportación de Xosé Vizoso, unha persoa que revolucionou a historia gráfica de Galicia sendo, por máis de 40 anos, deseñador e alma de Sargadelos, creador dos carteis máis emblemáticos das festas de Galicia, ilustrador de portadas de Edicións O Castro, muralista, etc.

Desde Art for Dent agradecen enormemente esta iniciativa solidaria e artística para apoiar a investigación desta enfermidade rara renal que necesita moitos fondos para seguir adiante. “Gracias Kiko da Silva pola túa sensibilidade e por conseguir poñer en marcha esta subasta solidaria e grazas a tod@s os que donaron as súas obras para esta subasta solidaria”.

A subasta estará operativa ata o vindeiro 30 de xaneiro de 2024, data na que se celebra en Galicia o Día da Ilustración, coincidindo co día do nacemento de Castelao.

www.artfordent.es/subasta