Xosé Vizoso colabora con Art for Dent coa realización do cartel para o seu terceiro festival solidario

A cita terá lugar o 17 de xuño na Carballeira de Santa Minia en Brión.

Mural solidario de Rosalía de Castro

Mural solidario de Rosalía de Castro / Art for Dent

Redacción

Un ano máis, a asociación galega da enfermidade de Dent está organizando a Terceira edición do seu FEST FOR DENT, o Festival solidario de Brión para recaudar fondos para a investigación desta doenza minoritaria.

Nesta ocasión, contan cunha colaboración artística moi especial e coa que están moi agradecidos, o deseño do cartel ven da man do artista, ilustrador e ceramista Xosé Vizoso, vinculado a Sargadelos e Isaac Díaz Pardo durante moitos anos, e recente autor do cartel do centenario do R.C. Celta de Vigo entre moitos outros.

Cartel solidario do festival solidario Fest for Dent

Cartel do festival solidario Fest for Dent / Xosé Vizoso

Unha preciosa colaboración coa que a asociación está moi agradecida e queren amosar o seu agradecemento público co artista, que desde o primeiro momento se amosou moi cercano e interesado en colaborar coa causa.

O festival comezará ás 17 horas do vindeiro 17 de xuño na Carballeira de Santa Minia en Brión, e contará con actuacións e actividades ata pasada a medianoite. A da Banda da Balbina, Diego Castro, Ana Fernández, Blue Riband, Asociación folclórica de Brión e a banda de música, serán algunhas das actuacións musicais. Tamén actuarán os Quinquilláns e contarán coa presenza da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. Moitas sorpresas máis que se irán anunciando nas súas redes sociais, sorteos, novas colaboracións...

O importe recaudado irá destinado ó 100% para a investigación da enfermidade de Dent no NefroChus.