Javier Marcos tomou posesión como novo comandante do Escuadrón de Vixilancia Aérea do Monte Iroite

A subdelegada do Goberno, María Rivas, subliñou a importancia estratéxica deste servizo

Dende Noia controlan o tráfico aéreo, tanto o militar coma o civil

Asistentes ao acto de toma de posesión do comandante Javier Marcos

Asistentes ao acto de toma de posesión do comandante Javier Marcos / Subdelegación do Goberno

Redacción

A subdelegada do goberno, María Rivas, participou este mércores no acto de toma de posesión do comandante do Escuadrón de Vixilancia Aérea número 10, Javier Marcos Barreiro, que foi director da Academia de Infantería de ToleDo durante 3 anos. Agora incorpórase a EVA 10 logo dunha misión en Somalia, relevando á capitana saínte, Seila García, con máis de 18 anos de servizo no acuartelamento situado no Monte Iroite, de Noia.

O acto estivo presidido polo xefe do Sistema de Vixilancia e Control do Mando Aéreo de Combate e rematou cunha homenaxe aos que deron a vida por España. María Rivas puxo en valor a importancia estratéxica das instalacións do Monte Iroite, tanto para a defensa nacional como para o control do trafico aéreo militar e civil, xa que “son as encargadas da detección, identificación e seguimento das aeronaves no noso espazo aéreo”.

A EVA 10 é a única instalada en Galicia dos 13 escuadróns dos que se dota o Exército do Aire en todo o territorio de España. Entrou en funcionamento en 1984.

TEMAS