Síguenos en redes sociales:

Mazaricos lembrará ao veciño Xosé Esperante, falecido cando defendía o monte comunal en 1963

Sufriu unha morte violenta nun enfrontamento coas forzas de seguridade franquistas

Os actos celebraranse o día 20 no local social e diante do monumento de Eirón

Mazaricos lembrará ao veciño Xosé Esperante, falecido cando defendía o monte comunal en 1963Concello de Mazaricos

Mazaricos volverá a lembrar o facelemento do seu veciño Xosé Esperante, Ché de Pedro, na terceira edición do Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal, o vindeiro día 20. A súa morte violenta tivo lugar no contexto da loita veciñal en defensa do monte comunal. Uns enfrontamentos nos que as forzas de seguridade franquistas acabaron coa súa vida e feriron a varios veciños, algúns dos cales acabaron en prisión.

Este evento renderá homenaxe e reivindicará a memoria histórica dos centos de persoas que por toda Galicia se mobilizaron en defensa do monte veciñal ante as tentativas de usurpación por parte do Estado, as máis das veces acompañadas de violencia e represión.

A xornada, organizada polo Instituto Galego das Terras Comunitarias, celebrarase no local social de Eirón, e contará co profesor do departamento de Economía Aplicada da USC, Edelmiro López Iglesias; o presidente da entidade organizadora, Xosé Alfredo Pereira; e o alcalde mazaricano, Juan José Blanco.

Pulsa para ver más contenido para ti