Apatrigal respalda a exposición de fotografía sobre Corcubión

Luís Corral, á esquerda, con Carlos H. Fernández Coto

Luís Corral, á esquerda, con Carlos H. Fernández Coto / Apatrigal

Redacción

A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) vén de declarar o seu apoio incondicional á iniciativa da Asociación Centro Recreativo e Cultural de Corcubión na posta en marcha da mostra fotográfica permanente Corcubión naqueles tempos. Así o explicaba Carlos Henrique Fernández Coto, quen aludía á importancia deste patrimonio inmaterial visual para a divulgación e preservación da memoria sociocultural da vila e

da Costa da Morte, incluíndo “as súas xentes, as festas, as rúas, o porto, a ría, a escola, os peregrinos, os personaxes ilustres ou os comercios”. Esta exposición, ademais de ser unha “extraordinaria referencia documental” dos recordos colectivos deste municipio, será tamén “o máis prestixioso espello público da cultura popular da vila de Corcubión”, segundo a carta de apoio rubricada por Fernández Coto e Luís Corral, presidente da ACRC de Corcubión. Nela tamén citan a “obriga” de manter, conservar e mellorar “a estrutura que recibimos e transmitila nas mellores condicións”.