Mulleres de Trazo e Cromosomos organizarán tres obradoiros dedicados á sexualidade

Centro polivalente, ou Casa Amarela de Trazo, onde se desenvolverán a xornadas

Centro polivalente, ou Casa Amarela de Trazo, onde se desenvolverán a xornadas / GM

A Asociación de Mulleres de Trazo, en colaboración coa ONG Cromosomos, organiza tres xornadas informativas sobre sexualidade e ciclo menstrual para os vindeiros días 1, 2 e 9 de marzo no centro polivalente local (a Casa Amarela).

A primeira será un obradoiro vivencial con nais e fillas (ás 19.00 horas). Alí, a través de experiencias pasadas das nais, abordaranse o ciclo menstrual, a menarquia, os cambios puberais e conceptos arredor da saúde sexual, creando un ambiente de confianza entre as asistentes para poder falar abertamente de sexualidade en familia.

A segunda xornada inclúe un taller vivencial con adolescentes nenas, ás 11.00 horas, no que as rapazas estarán soas coas formadoras e poderán plantexar cuestións abertamente que teñan que ver coa sexualidade en xeral e co ciclo menstrual en particular. Nun ambiente de escoita e non xuízo, iranse expoñendo diferentes temas para guialas a unha vivencia da súa sexualidade máis libre, segura e plena. 

E para rematar, haberá outro obradoiro ás 11.00 horas, un evento aberto á poboación xeral no que, durante tres horas, se tratará a saúde sexual en xeral, centrando o tema nas diferentes etapas da vida sexual dunha muller dende a infancia ata a vellez.