Oroso conmemora o 8M: Igualdade en Acción

Tivo lugar a lectura dun manifesto fronte á Casa do Concello

Cartel do 8M do Concello de Oroso

Cartel do 8M do Concello de Oroso / CEDIDA

O Concello de Oroso atópase inmerso nunha programación variada en conmemoración do Día Internacional da Muller (8M), centrada principalmente na concienciación sobre a igualdade de xénero. Esta iniciativa inclúe unha serie de actividades que buscan promover a equidade entre homes e mulleres na nosa sociedade.

Entre as actividades programadas, destacan os coloquios sobre o ciberacoso dirixidos ás mulleres, así como talleres de capacitación dixital dirixidos especificamente a mulleres maiores e e que se celebran no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa. 

Así mesmo, o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, levarase a cabo unha actividade especial en todos os centros educativos do municipio orosano. Realizaranse talleres de igualdade co propósito de sensibilizar a comunidade estudantil sobre a importancia da igualdade de xénero desde idades temperás.

Como punto culminante das actividades, hoxe ás 12 do mediodía, fronte á Casa do Concello, terá lugar a lectura dun manifesto en conmemoración do Día Internacional da Muller, onde se reivindicará a igualdade entre homes e mulleres como un principio fundamental da sociedade.

VER O ESPECIAL COMPLETO DO 8M

TEMAS