Ramón o practicante xa ten estatua no centro de saúde de Ordes
Este sanitario sempre estaba disposto a axudar aos doentes, e incluso financiou tratamentos do seu peto
O conselleiro de Sanidade participou na inauguración da representación de Couto Cotelo na súa honra
Ramón Ferreiro Regos, Ramón o practicante, xa ten estatua na entrada do centro de saúde de Ordes. E a presenza do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto coa asistencia de membros da Corporación, familiares e tantos veciños a pesar do mal tempo foi "a mellor evidencia do agradecemento eterno", segundo o Concello, que este sanitario esperta 17 anos despois do seu pasamento en toda a súa comarca.
Ramón o practicante tendrá una estatua en Ordes por su labor sanitaria desinteresada
"Honra e gloria para Ramón, un dos bos e xenerosos, ao que o pobo de Ordes rendeu tributo hoxe, e para sempre, a través desta estatua, colocada -non por casualidade- ás portas do centro de saúde da vila, tamén para recordar que a humanidade está en débeda coa ciencia médica e con todos os profesionais sanitarios", apuntaban as mesmas fontes este venres pola tarde-noite. Tamén inciden en que "a recente pandemia da covid-19 recordounos a fraxilidade do ser humano, o infinito valor da ciencia e a importancia extraordinaria dos profesionais sanitarios, sempre dispoñibles cando os necesitamos".
Profesionalidade
Pola súa banda, Comesaña falou de Ramón Ferreiro Regos como “unha persoa cunha excelente profesionalidade e calidade humana, esforzado e sacrificado por coidar a saúde dos demais”. Na mesma liña, estendeu o recoñecemento a todo o persoal da sanidade pública galega que traballou durante a pandemia: “Loitastes contra un enfermidade contra a que, naquel momento, non tiñamos vacina e da que sabíamos aínda moi pouco. O Servizo Galego de Saúde non só conta cun excelente equipo de profesionais, tamén son persoas dunha enorme talla humana”.
A estatua é obra de Miguel Couto Cotelo , e entre os méritos de Ramón o practicante destaca a súa total entrega aos doentes, financiando incluso tratamentos cos seus cartos. Foi nomeado Fillo Predilecto do municipio en 1989, cando aínda estaba vivo.
Temas
Más en Área
-
Espectacular vuelco de un camión en Arzúa del que alertó su propio conductor mediante una llamada al 112
-
Aromas de café en el Pazo de Goiáns
-
A Pobra activa un servicio gratuito de asesoramiento para 70 comerciantes
-
Las familias del colegio Barrie de la Maza aprueban tras dos décadas de votaciones la jornada única para Santa Comba