Turismo subvenciona melloras no paseo marítimo de Cee e un atril interactivo na casa da cultura

O investimento ascenderá a 64.786 euros

O 90% será financiado con fondos europeos

No paseo marítimo mellorarase a accesibilidade e o carril bici na contorna das casetas

No paseo marítimo mellorarase a accesibilidade e o carril bici na contorna das casetas / Concello de Cee

J. M. Ramos

O Concello de Cee recibirá dúas subvencións de Turismo de Galicia por valor de 64.786,50 euros. Unha delas dedicarase a rehabilitar o paseo marítimo no entorno das casetas (48.330,50 €) para mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria, substituíndo o firme actual por formigón desbastado en seco e pintado do carril bici.

A outra será para a instalación dun atril interactivo dixital na planta baixa da casa de cultura e a creación de contidos dixitais para unha guía interactiva turística (16.456,00 €), segundo informa a alcaldesa, Margarita Lamela.

Ditos proxectos están financiados ao 90% por fondos europeos, enmarcados dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para actuacións de embelecemento do litoral galego.