Arroxan ducias de pneumáticos á beira do río Grande, en Vimianzo
A alcaldesa asegura que "é á enésima vez" que detectan estes comportamentos incívicos
Lembra que existen espazos, como o Punto Limpo, e servizos para recoller estes refugallos
O Concello de Vimianzo denuncia un novo vertido, esta vez de material pneumático, á beira do río Grande, na Furaqueira. “É a enésima vez que advertimos de comportamentos que van moito máis aló, que atentan contra o medioe tamén contra o civismo”, sinala a alcaldesa, Mónica Rodríguez.
As autoridades xa coñecen da situación, e traballan en posibles pistas para atopar ás persoas responsables dun acto que “non responde nin representa, en todo caso, a como se comporta a veciñanza de Vimianzo con respecto ao coidado da natureza”, afirman desde o goberno local.
Investigan a un vecino de Dumbría acusado de enterrar residuos de construcción en una finca
Desde a Administración local insisten, novamente, en que “existen espazos para depositar este tipo de refugallos. Concretamente, un Punto Limpo no parque empresarial, que funciona os xoves de 9.00 a 13.00 e de 15.00 a 19.00 horas, así como sábados de 10.00 a 14.00 horas, ademais do servizo de recollida a domicilio, que se leva a cabo unha vez ao mes.
Pódese contactar de balde no teléfono 698 148 504 ou no enderezo electrónico puntolimpo@vimianzo.gal.
Temas
Más en Área
-
LE AQUI O ESPECIAL EN PDF DA FESTA DA TROITA DE OROSO 2024
-
“Hai que estar sempre pedindo polo Concello: o que non chora, non mama”
-
A Deputación da Coruña financia a contratación de 339 persoas nos concellos rurais
-
Exposicións, charlas, obradoiros e degustacións na segunda Feira do Pan e do Cereal de Bugallido