Síguenos en redes sociales:

A Mostra do Encaixe de Camariñas 'exporta' modelos ás pasarelas de moda de Milán

Yusnabis Ferres desfilou na capital do Vilán e agora traballa na cidade italiana

Outros participan en certames de moda de ámbito internacional

A Mostra do Encaixe de Camariñas 'exporta' modelos ás pasarelas de moda de MilánC. C.

O vimiancés Damián Álvarez, modelo e xerente de Gubem Event, será o encargado de organizar e coordinar, un ano máis, os desfiles de moda da pasarela da Mostra do Encaixe de Camariñas. Unha pasarela que está sendo un escaparate inmellorable nas carreiras dos modelos para dar o salto ao ámbito internacional. Así, Damián subliña que “moitos empezan en Camariñas a facer as súas primeiras grandes pasarelas e despois despuntan no extranxeiro”. É o caso de Yusnabis Ferres, “que veu o ano pasado a desfilar á Mostra e agora está traballando en Milán”, engade.

Non é o único, pois o primeiro ano que Gubem Event asumiu a organización da pasarela camariñana “trouxemos modelos canarios e navarros que desfilan a nivel internacional”, afirma.

Damián Álvarez asegura ademais que a súa filosofía é a de “apostar polo talento de modelos galegos e da comarca, que son a maioría, aínda que tamén os hai doutros lugares do país” e busca, sobre todo “modelos que teñen perfís moi potentes”.

Pulsa para ver más contenido para ti